jueves, 1 de diciembre de 2011

Actividad 6.2

RESTAURANTES DA COSTA DA MORTE
Descrición da actividade.
Os restaurantes considéranse establecementos públicos dedicados a servir, mediante prezo, comidas e bebidas para ser consumidas no mesmo local. Clasifícanse en función da calidade dos seus produtos, servizos, instalacións, etc.
Características básicas da empresa
CNAE 1993 55.30
CNAE 2009 56.10
SIC 58.12
IAE 671 Servizos en restaurantes
Facturación 293.200 €
Condición xurídica Persoas físicas
Localización Zonas urbanas
Persoal e estrutura organizativa Propietario con 1-2 asalariados
Instalacións Ao redor duns 150 m2, con 11-14 mesas con 40-50 prazas
Clientes Varía en función da tempada e tipo de establecemento
Carteira de produtos Servizo no establecemento, reserva e encargo telefónico.
Ferramentas de promoción A situación,  asociacións/ entidades de promoción e os propios clientes.
Valor do inmobilizado/investimento 113.500 euros
Importe gastos 241.100 €
Resultado bruto 18%
¿Cómo e o mercado dese negocio nesa zona?
•Nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, a evolución na creación de restaurantes
oscilou ano tras ano ata a actualidade. Predominan os restaurantes de cuarta categoría.
•En canto ao número de prazas ofertadas, segue a mesma tendencia, de creación de prazas,
con todo o número de restaurantes descende.
Tipos e características dos clientes
Con independencia da súa categoría, calquera tipo de restaurante, salvo os de luxo, adoitan ter
tres perfís de clientes claramente diferenciados:
- Clientes diarios, normalmente por motivos laborais acoden a tomar o chamado “MENÚ DO
DÍA”. Os prezos oscilan entre os 7€ e os 10 €.
- Clientes directivos de empresa, viaxantes, profesionais liberais... etc, que acoden aos
Restaurantes para comer á carta. O prezo destes menús adoita ser entre 30-50 € en diante.
Estes restaurantes á carta tamén adoitan programar cociña de tempada (cogomelos, Lacón con
grelos, Lamprea, etc...).
- Clientes de fin de semana, adoitan ser familias. Algúns restaurantes aproveitan o domingo
para facer o peche semanal, polo que non teñen este tipo de clientes.
Empresas competidoras
O sector da hostalería xeraba en Galicia un total de 21.795 empresas, das cales 3.697 eran restaurantes






Características dos provedores
Á hora de montar un restaurante terás que traballar con varios tipos de provedores xa que os vas necesitar para as compras, tanto as referidas aos investimentos para a reforma do local (adquisición de maquinaria e mobiliario) como as dos aprovisionamentos necesarios para prestar os servizos que ofrece este tipo de establecemento.